O Galegote Rock celebra os seus once anos de vida por todo o alto

Pontevedra
06 de maio 2023

O festival de música promovido polo Concello de Pontevedra trouxo á Boa Vila unha selección das mellores propostas actuais de Galicia. Nomes relevantes, promesas futuras, xéneros diversos e, todo isto, coa lingua galega como base

Concertos do Galegote Rock

O Galegote Rock reuniu en Pontevedra algunhas das propostas máis chamativas do panorama musical galego para celebrar os seus once anos de vida por todo o alto. 

O festival de música promovido polo Concello de Pontevedra trouxo á Boa Vila unha selección das mellores propostas actuais de Galicia. Nomes relevantes, promesas futuras, xéneros diversos e, todo isto, coa lingua galega como base.

A xornada deste sábado foi intensa e sen parada, chea de música entre a Praza de España e a Sala Karma, os dous espazos con entrada de balde. 

Os protagonistas foron: Catuxa Salom, Pakolas, Ukestra do Medio, Mamá Cabra, Lucía Aldao, Anxo Araújo, Moura, Xeración Sónica, A Banda Senlleira de Robacallos, Lamontagne & Pico Amperio, e Fillas de Cassandra.