O Galegote Rock, entre os finalistas dos Premios Martín Códax da Música 2024

Pontevedra
24 de abril 2024

Pontevedra será protagonista nos Premios Martín Códax da Música 2024 e non só porque a súa gala de entrega, que se celebrará o 15 de maio, sexa no Pazo da Cultura. Un dos seus festivais de referencia, o Galegote Rock, está entre os cincuenta e sete finalistas

Finalistas de los Premios Martín Códax da Música 2024
Finalistas de los Premios Martín Códax da Música 2024 / Pixelín

Pontevedra será protagonista nos Premios Martín Códax da Música 2024 e non só porque a súa gala de entrega, que se celebrará o 15 de maio, sexa no Pazo da Cultura. Un dos seus festivais de referencia, o Galegote Rock, está entre os cincuenta e sete finalistas.

Así se desvelou este mércores na festa de finalistas da undécima edición destes premios, que se celebrou nas Bodegas Martín Códax, en Cambados, o seu principal patrocinador.

O Galegote Rock optará ao premio ao mellor festival. Terá como competidores o EmigraSON, o festival de música galega de Bruxelas; e As Nosas Músicas de Couso.

Na festa fóronse coñecendo as corenta e cinco bandas e artistas, tres por categoría, que pasan á recta final da edición 2024, tras a votación do xurado profesional. 

Foron desvelados ademais os nove proxectos finalistas nas categorías de salas, festivais, e comunicación e difusión musical e os artistas seleccionados na categoría de Artista Emerxente, na que este ano son finalistas Leria, Mondra e Gloria Pavía.

Os candidatos son: 

  • Blues, Funk e Soul: Brais Morán & Nasaufunk, O Cadelo Lunático, Martins Aneiros Band
  • Folk: Caamaño & Ameixeiras, Susana Seivane, De Ninghures
  • Músicas do Mundo e Mestizaxe: Catuxa Salom, Raposa, Woyza & The Galician Messengers
  • Canción de Autor/a: Antía Muíño, Guadi Galego, A Pedreira
  • Músicas Urbanas: Ash Diz, hydn, C Miranzo
  • Orquestras, Grupos e Música de Verbena: América de Vigo, Burgas Big Band, Orquesta Charleston
  • Metal e Heavy: Youcanthide, Her Anxiety, Rymer
  • Bandas de Música Popular: Agrupación Musical de Goián, Banda de Música Municipal de Silleda, Banda de Música Unión de Guláns
  • Música Tradicional: Malvela, Mediarea, Os Melidaos
  • Música Infantil: A Gramola Gominola, Uxía Lambona e a Banda Molona, Pakolas
  • Música Clásica e Contemporánea: Fabio Álvarez, Carme López, Juan Eiras
  • Electrónica: Mondra, Lontreira, Grande Amore
  • Jazz e Músicas Improvisadas: Orquestra Galega de Liberación, Pablo Sanmamed Trío + Benxamín Otero, Diego Alonso
  • Rock e Punk: Moloch, Terbutalina, Mad Martin Trío
  • Pop e Indie: The Rapants, Lucía Aldao, Måi 
  • Proxectos de Comunicación e Difusión: Miudiño Sessions, O TikTok de Rodri Míguez, Revista Rebelico
  • Festivais: Galegote, EmigraSON, As Nosas Músicas de Couso
  • Salas: Mardi Gras, A Pousada da Galiza Imaxinaria, A Arca da Noe
  • Artista Emerxente: Leria, Mondra, Gloria Pavía

 

A partir do 25 de abril e ata o 12 de maio, as socias e socios da asociación Músicas ao Vivo poden votar os seus favoritos e, como gran novidade desta undécima edición, tamén poderá votar o público xeral a través da web premiosmartincodaxdamusica.gal.

O público pode votar a través dun sistema de puntos. Terá que facelo nun mínimo de cinco categorías e validar a votación para que sexa efectiva. No reconto final, tras unha baremación, o 50% corresponderá ao público e o outro 50% aos votos dos socios e socias de Músicas ao Vivo.