O Galegote Rock espalla a música en galego por todos os recunchos de Pontevedra

Pontevedra
01 de maio 2022

A música en galego ecoou por todos os recunchos de Pontevedra durante o últimos tres días. Foi grazas a unha nova edición do festival Galegote Rock, que recuperou o seu formato habitual tras a pandemia, levando os seus concertos a bares e prazas da cidade

Concerto de Berto no Galegote 2022
Concerto de Berto no Galegote 2022 / Cristina Saiz

A música en galego ecoou por todos os recunchos de Pontevedra durante o últimos tres días. Foi grazas a unha nova edición do festival Galegote Rock, que recuperou o seu formato habitual tras a pandemia, levando os seus concertos a bares e prazas da cidade.

A deste sábado foi a xornada central do festival, cunha ampla programación que, de maneira case ininterrompida, ofreceu ao público ata seis concertos e dúas sesións DJ.

O Campiño de Santa María foi un dos escenarios máis concorridos deste Galegote Rock coas actuacións de Eladio y los Seres Queridos, en sesión vermú; e dos grupos da Xeración Sónica, en sesión vespertina.

Pero ao longo do día, a música de Moucho, Zeltia Irevire ou Grampoder tamén atraeu a multitude de espectadores nos seus respectivos emprazamentos.

A Sala Karma vestiuse de gala para o concerto de Berto, que supuxo o broche de ouro a este festival gratuíto que, de novo, revalidou o seu idilio co público pontevedrés.

Nos días anteriores, tamén cunha masiva afluencia aos seus concertos, o Galegote Rock ofreceu as actuacións de Higw Paw, Copa Quenda, Os Silvestres e Ruxe Ruxe