O Museo de Pontevedra apúntase aos retos das redes sociais e anima a recrear cadros

Pontevedra
20 de abril 2020

A institución provincial adapta a iniciativa doutros prestixiosos museos que xa animaron aos seus visitantes máis fieis a representar as escenas das obras de arte da súa colección

O Museo de Pontevedra anima á cidadanía para recrear escenas de cadros
O Museo de Pontevedra anima á cidadanía para recrear escenas de cadros

O confinamento decretado para combater a pandemia do coronavirus fai que moitas persoas teñan moito tempo libre que non saben en que investir, para vencer ao aburrimento o Museo de Pontevedra únese á moda dos retos en redes sociais e anima á cidadanía para recrear obras de arte.

#MírateNoEspello é a etiqueta para compartir as fotografías nas que os participantes deben inmortalizarse fronte ao espello representando algunha escena artística. Trátase dunha iniciativa que xa puxeron en marcha outros museos como o Museo Nacional de Ámsterdam ou o Getty de Los Ángeles.

A elección do cadro é libre, pero desde a institución establecen tres categorías: en solitario, en parella ou en familia. A única condición é non facer uso de herramientos dixitais de edición de imaxes. "Hai que imaxinar e reproducir a escena, o ambiente e as personaxes da forma máis fiel posible coas cousas, persoas ou mascotas que haxa na casa", detallan desde a Deputación.

Os promotores da iniciativa lanzan algunhas propostas de pezas galegas que poden contemplarse nas salas do museo como ‘Señora con sombreiro’, do marinense Manuel Torres; ‘O xantar’, do ourensán Silvio Fernández Rodríguez-Bastos; e ‘O cego de Padrenda’, de Castelao.