O Museo programa sesións de teatro de grupos locais para os vindeiros meses

Pontevedra
26 de agosto 2014

Foron as propias asociacións culturais de Pontevedra as que propuxeron á Deputación abrir as portas do Museo a esta actividade artística que se desenvolverá durante os meses de setembro, outubro e novembro

Grupo de teatro 105 besos
Grupo de teatro 105 besos

O Sexto Edificio do Museo de Pontevedra acollerá un ciclo de teatro que se vai a desenvolver durante os meses de setembro, outubro e novembro a proposta das propias asociacións culturais que solicitaron á Deputación a inclusión desta actividade artística dentro das propostas culturais do Museo.

A primeira das representacións será o 20 de setembro e correrá a cargo da compañía Arume Teatro, que representará a obra A farsa de Bululú.

O 18 de outubro será a compañía 105 bicos Teatro a que realice unha representación no salón do Sexto Edificio e Armadiña Teatro concluirá o ciclo o 15 de novembro coa representación de Saúde Private Hospital.

A entrada será de balde e aberta a todos os interesados en ver os traballos destas compañías afeccionadas.

CONCLÿEN OS OBRADOIROS DE CERÁMICA

Esta semana finalizan os obradoiros de cerámica que o Museo organiza cada verán para que os máis cativos se familiaricen con diferentes usos da cerámica. Cincuenta nenos de entre 5 e 12 anos participaron neste taller impartido por Germán Iglesias do Río, da asociación Alba de Pontevedra.