O 'non á guerra' da Banda de Música de Pontevedra

Pontevedra
06 de maio 2018

O Teatro Principal acolleu este domingo unha nova cita co ciclo de primavera da Banda de Música de Pontevedra (BMP). O público puido gozar co concerto "O sen sentido das guerras", onde a formación contou con colaboracións especiais

Concerto da Banda de Música de Pontevedra
Concerto da Banda de Música de Pontevedra / Diego Torrado

O Teatro Principal acolleu este domingo unha nova cita co ciclo de primavera da Banda de Música de Pontevedra (BMP). O público puido gozar co concerto "O sen sentido das guerras", onde a formación contou con colaboracións especiais.

No escenario, os músicos da BMP estiveron acompañados pola actriz Cristina Collazo e a violinista Paula Diz.

Foi unha actuación cun marcado ton antibelicista, un concerto protesta ante os conflitos armados modernos.

O concerto, que estivo dirixido polo director titular da BMP, Rafael Agulló, incluíu no seu repertorio temas de Robert Jager, Otto M. Schwarz, Miguel Asíns Arbó e Dirk Brossé.

O ciclo de primavera concluirá o próximo 27 de maio cun concerto titulado ' Pangea', que contará con Abraham Cupeiro como artista invitado, un mozo que se dedica a recuperar e restaurar instrumentos antigos de todas partes do mundo.