O 'Perromandril' de Tractor Troy, mellor disco do ano na I edición dos premios PontevedraFerve

Pontevedra
04 de xaneiro 2015

Poucas cidades poden presumir de contar cunha escena musical emerxente como a de Pontevedra. E este sábado, por primeira vez, reuniuse para premiar os mellores do ano. O Teatro Principal, que quedou pequeno para acoller o numeroso público que avalou esta iniciativa, acolleu a entrega da primeira edición dos galardóns PontevedraFerve

Unha das actuacións musicais da gala de entrega dos premios PontevedraFerve PontevedraViva

Poucas cidades poden presumir de contar cunha escena musical emerxente como a de Pontevedra. E este sábado, por primeira vez, reuniuse para premiar os mellores do ano. O Teatro Principal, que quedou pequeno para acoller o numeroso público que avalou esta iniciativa, acolleu a entrega da primeira edición dos galardóns PontevedraFerve, un evento, que quixo reivindicar a unidade dos músicos locais.

Os grandes triunfadores da gala, que estivo presentada por Chuvi, cantante de Champurrada, foron Vortex e Thee Blind Crows. Ambos os dous levaron á casa dous dos premios aos que optaban este ano. Pero sobre todo, Tractor Troy. Para eles foi o gran premio da noite, o mellor disco de 2014 en Pontevedra. O seu Perromandril impúxose a Confessions (Vortex), o disco homónimo de Skirl e a Primitive loud blues (Thee Blind Crows).

O palmarés da I edición dos premios PontevedraFerve é o seguinte:

  • Mellor disco: Perromandril, de Tractor Troy
  • Mellor single: Antes de nacer, de Jhonander
  • Mellor directo: Vortex
  • Mellor grupo de rock: Que desilusión!
  • Mellor grupo de pop: La 4ª Pared
  • Mellor grupo de rap: De buena tinta
  • Mellor solista: Fátima Baña
  • Mellor grupo de jazz, funk ou fusión: The Soul Breakers
  • Mellor grupo de metal: Vortex
  • Mellor videoclip: Leaving alone, de Thee Blind Crows
  • Mellor deseño discográfico: Primitive loud blues, de Thee Blind Crows

 

En total, repartíronse once galardóns. A eles sumouse o premio honorífico que, nesta ocasión, recaeu na banda Dismal.

A gala incluíu ademais varias proxeccións audiovisuais e numerosas actuacións en directo. Correron a cargo dos nominados en cada unha das categorías que actuaron xuntos.