"É un acicate que nos vai facer continuar co bo traballo", con estas palabras Xosé Leal, deputado responsable da área de Cultura na Deputación Provincial avaliaba a importancia do Premio da Cultura Galega 2016 co que a Xunta de Galicia galardoou ao Museo de Pontevedra.
Leal indicou que este recoñecemento supón unha aposta polo traballo que realizan os técnicos deste organismo, aos que considera os verdadeiros especialistas en materia cultural e artística.
Neste sentido, o director do Museo de Pontevedra, Carlos Valle tamén se mostrou moi satisfeito co galardón e sinalou que é un recoñecemento ao traballo desenvolvido durante os últimos anos e tamén ao tesouro patrimonial que recolle o Museo a través de coleccións, arquivos e bibliotecas.
Valle fixo referencia ás tres colecciones que se destacaban na mención sinalando que o valor dos traballos non é só cuantitativo senón tamén cualitativo. Segundo o máximo responsable técnico do Museo, o de Pontevedra é dos poucos espazos que leva ata as últimas consecuencias esta combinación na que un visitante pode documentarse sobre o que aconteceu no cuadrante noroccidental e sobre a arte española e universal das últimas décadas.
O premio, concluíu Carlos Valle, supón un incentivo para traballar con máis intensidade e motivación.