O primeiro coro galego, creado polo boticario Perfecto Feijoo, revive no Cantos na Maré

Pontevedra
02 de outubro 2018

Durante a celebración de Cantos na Maré, que se vai desenvolver entre os días 11 e 14, o Museo de Pontevedra e as Ruínas de San Domingos acollerán diversas actividadesspantrebuchet>spantrebuchet>

Suso Vaamonde, Carlos Valle, Xosé Leal e Fran Rivera
Suso Vaamonde, Carlos Valle, Xosé Leal e Fran Rivera

Diversas actividades desenvolveranse de maneira paralela á celebración do Festival Cantos na Maré, que este ano estrea formato.

O evento internacional de lusofonía desenvolverase durante catro días, entre o 11 e o 14 de outubro, con actuacións de diferentes formacións musicais, pero as instalacións do Museo de Pontevedra acollerán tamén outras iniciativas de carácter gratuíto que eran presentadas este martes polo deputado provincial de Cultura, Xosé Leal; polo director do Museo Carlos Valle; o director executivo de Cantos na Maré, Fran Rivera, e polo responsable do proxecto 'Aires d'a Terra: o legado de Feijoo', Suso Vaamonde.

'Aires d'a Terra: o legado de Feijoo' nacía en 2014 e en Cantos na Maré ofrecerá o seu último concerto, segundo indicaba Suso Vaamonde, que retoma a proposta da primeira agrupación coral creada en Galicia, fundada en 1883, polo gaiteiro e boticario propietario do Papagaio Ravachol, Perfecto Feijóo. Xurxo Souto será encargado de guiar esta actividade cun percorrido polo Sexto Edificio do Museo no que se poderán escoitar as pezas interpretadas por esta conxunto coral.

As Ruínas de San Domingos acollerán outro concerto especial coa participación da Banda de Música de Pontevedra. A estes eventos súmase unha perfomance a cargo de Ugía Pedeira e Mariña Oural, que baixo o título 'Unha faba, Unha vida', permitirá coñecer obras e transfondo dos traballos de Alfonso Rodríguez Castelao, que se atopan no Museo pontevedrés.

Ao mesmo tempo levará a cabo un mini-ciclo de cinema con tres documentais sobre artistas destacados na música lusófona: Cesaria Évora, María Bethania e Zeca Afonso. 

Os actos distribúense da seguinte forma:

Día 12 - 11.30 horas - Sexto Edificio Salón de actos: Cinemaré: Cesária Évora- Nha Sentimento
Día 13 - 11.30 horas - Sexto Edificio Salón de actos: Cinemaré: María Bethania: música e perfume.
Día 13 - 11.30 horas - Sexto Edificio Sala piano: Visita á obra de Castelao no Museo + perfomance: 1 FABA, 1 VIDA (Ugía Pedreira e Mariña Oural)

Día 13 - 16.30 horas - Centro histórico e Sexto Edificio: Roteiro sonoro con Xurxo Souto e concerto do Coro Aires d'a Terra
Día 13 - 17.00 horas - Sexto Edificio Salón Actos: Cinemaré: Rosas de Ermera
Día 14 - 11.30 horas - Ruínas de Santo Domingo: Visita e concerto da Banda de Música de Pontevedra