"O principio de Arquímedes" de Teatro do Atlántico chega a Pontevedra da man do ciclo Ponteatro

Pontevedra
18 de novembro 2015

Con texto de Josep María Miró y Coromina e dirixida por Xúlio Lago, trátase dunha obra teatral fala do medo, da sospeita, da violencia e como un sentimento vai mudando no outro ante a dúbida de que alguén lle faga algo aos nosos fillos

Escena de "O principio de Arquímedes" de Teatro do Atlántico
Escena de "O principio de Arquímedes" de Teatro do Atlántico /

O Teatro Principal de Pontevedra acollerá este xoves 19 de novembro, a partir das nove da noite, unha nova cita co ciclo Ponteatro. Chegará da man da compañía Teatro do Atlántico que subirá ao escenario pontevedrés para representar a obra O principio de Arquímedes.

Con texto de Josep María Miró y Coromina e dirixida por Xúlio Lago, trátase dunha obra teatral fala do medo, da sospeita, da violencia e como un sentimento vai mudando no outro ante a dúbida de que alguén lle faga algo aos nosos fillos.

Nela, os pais duns rapaces que asisten a uns cursos de natación infantil preséntanlle á directora do centro as queixas sobre o inadecuado comportamento dun monitor, quen tratando de tranquilizar a un cativo, abrazouno e deulle un bico.

O adestrador explica que o único que fixo foi intentar calmar a angustia do rapaz e axudalo a tranquilizarse, pero os pais non aceptan esa versión dos feitos e o conflito, lonxe de resolverse, non para de medrar.

Con 90 minutos de duración, conta no reparto cos actores Ana María Barcala, Toni Salgado, Alberto Rolán e Marcos Vieitez.

As entradas para esta representación, que teñen un prezo de oito euros, catro para estudantes parados e xubilados, pódense conseguir a través de www.ataquilla.com. No caso de non esgotarse, estarán dispoñibles unha hora antes do inicio da función na billeteira do propio teatro.