O rock de Mago de Oz e Os Solfabirras sobe os decibeis das Festas da Peregrina

Pontevedra
14 de agosto 2017

A fin de semana grande das Festas da Peregrina chegou á súa fin, como xa é habitual, con protagonismo musical. A mítica banda de rock madrileña Mago de Oz pechou a completa programación de actos deste domingo na praza de España cun concerto no que os acompañaron os integrantes do grupo local Os Solfabirras

Concerto de Mago de Oz nas Festas da Peregrina 2017
Concerto de Mago de Oz nas Festas da Peregrina 2017 / Diego Torrado

A fin de semana grande das Festas da Peregrina chegou á súa fin, como xa é habitual, con protagonismo musical. A mítica banda de rock madrileña Mago de Oz pechou a completa programación de actos deste domingo na praza de España cun concerto no que a acompañou a banda local Os Solfabirras.

Ambas as bandas recolleron a testemuña do son galego e cubano de Roi Casal e, repetindo escenario, subiron os decibeis coas súas propostas musicais, que van desde o folck metal ao rock ou o punk-rock. 

Os primeiros en saltar ao escenario foron os integrantes do grupo local de punk-rock Os Solfabirras, banda escollida este ano de entre todos os participantes do festival 15 Bolos para ser teloneiros.

A continuación, o nutrido público asistente vibrou coa banda madrileña, que destaca por buscar elementos diferenciadores nas súas xiras e chegou a Pontevedra para facer un repaso polas cancións da súa dilatada traxectoria nunha xira que os levará por toda España antes de concentrarse en preparar o seu próximo traballo.

A programación musical das Festas da Peregrina continuará durante toda a semana: