O rock e bravú galego fixo 'brincar' á Praza do Teucro

Pontevedra
31 de agosto 2014

A céntrica praza pontevedresa acolleu durante dúas noites a segunda edición do Brinca na Praza coa actuación de catro grupos galegos

Segunda edición do festival Brinca na Praza Diego Torrado

Quizais non fosen os actos máis numerosos das Festas de Verán, pero os moitos seguidores de rock e bravú galego invadiron Pontevedra para gozar do lindo co Brinca na Praza.

O Festival encheu de cor a céntrica Praza do Teucro durante dúas noites cos concertos de catro bandas da terra.

O venres abriron o Brinca na Praza os grupos A Banda do Terror e Familia Caamagno, mentres que na noite do sábado foi a quenda dos pontevedreses Frenaso no Calsonsillo e para os incombustibles O Caimán do Río Tea.

Esta foi a segunda edición do festival, que promete ter continuidade nos próximos anos.