Este mércores tivo lugar á primeira sesión da Escola de Escrita Xuvenil, unha iniciativa do Concello de Pontevedra que se desenrolará no Pazo da Cultura ata o 7 de xuño en catro xornadas a cargo do escritor Manuel Lourenzo González.
É unha iniciativa pioneira xa que este tipo de cursos adoitan ir destinados a público adulto.
A Escola de Escrita xuvenil é un proxecto que bota a andar por primeia vez dentro do Salón do Libro e ten como finalidade darlle saída ás inquedanzas sobre a escrita que ten o alumnado de secundaria e bacharelato dos institutos de Pontevedra. Ofrecerlles formación, un apoio, un seguimento, coñecemento de técnicas de escrita, exercicios, etc.
Abre unha nova liña que vai máis aló de promover a lectura e busca que a mocidade non só lea, senón que tamén escriba.. A intención é que ao final do curso haxa un pequeño volume cos seus textos.
A proposta, que foi enviada aos centros de ensino secundario da cidade, tivo especial boa acollida no IES Xunqueira 1 e Frei Martín Sarmiento nos que se imparte o Bacharelato de Artes. De aí proceden a maior parte das máis de 12 rapazas inscritas, de cursos comprendidos entre primeiro da ESO e primeiro de Bacharelato.