O Son Rías Baixas 2020, en marcha coa venda das primeiras entradas

Bueu
30 de setembro 2019

O festival SonRías Baixas de Bueu xa traballa na súa edición de 2020. Coa venda de entradas, ponse en marcha o reloxo para chegar á súa maioría de idade. O seu décimo oitavo ano celebrarase os días 30 e 31 de xullo e 1 de agosto

Concerto de La Pegatina no SonRías Baixas
Concerto de La Pegatina no SonRías Baixas / Oscar Corral

O festival SonRías Baixas de Bueu xa traballa na súa edición de 2020. Coa venda de entradas, ponse en marcha o reloxo para chegar á súa maioría de idade. O seu décimo oitavo ano celebrarase os días 30 e 31 de xullo e 1 de agosto.

As primeiras entradas á venda, que teñen un prezo reducido de 23 euros máis gastos para as duascentas persoas más rápidas, xa se poden adquirir na web do festival.

Os abonos para as tres noites de concertos dan acceso tamén á zona de acampada, para quen o solicite, sen custo adicional. A organización do festival recorda que na pasada edición estas primeiras entradas se esgotaron en menos de 24 horas e anuncia tamén que antes do anuncio das primeiras bandas haberá outra oferta de 28 euros máis gastos.
 
O SonRías Baixas dará a coñecer os primeiros grupos do cartel ao longo das próximas semanas, pero con esta oferta quere premiar ás persoas que confían ano tras ano na súa proposta musical. Unha vez coñecidos os primeiros nomes, o prezo será de 33 euros máis gastos.

O pasado mes de agosto, máis de 22.000 persoas participaron na décimo sétima edición do festival, que ofreceu tres días e tres noites de música, gastronomía e praia.