O Surfing The Lérez xa ten nova data: o 26 de setembro

Pontevedra
24 de xuño 2015

O Festival, que se tivo que suspender o 13 de xuño debido ás inclemencias metereolóxicas, xa ten confirmada a participación de varias bandas, malia que aínda non se pechou todo o cartel para esta nova data

Los Motores Rock de Vigo
Los Motores Rock de Vigo

O 26 de setembro é a data escollida pola organización do Surfing The Lérez para levar a cabo o festival musical que se desenvolva nas proximidades do río pontevedrés despois de que as inclemencias do tempo trastocaran o evento previsto para o pasado sábado 13 de xuño.

A organización xa anunciou a través da súa páxina en Facebook a confirmación desta data para a que non poderán conservar o mesmo cartel que estaba previsto para a primeira convocatoria. En setembro estarán Ángel Stanich, Pasajero, Los Motores Rock de Vigo, Julián Maeso Grupo, Gold & Colt, A Banda do Terror y los DJs Sr. Fiuza y Charli_é DJ?, mentres se traballa na procura doutras bandas para esa xornada.

O 13 de xuño estaba previsto contar coas actuacións de Lost Acapulco, Guadalupe Plata, Wyoming & Los Insolventes, Los Motores, Ángel Stanich, Sugar Mountain, The Grave Dolls, entre outros.

O festival Surfing The Lérez celébrase na Illa das Esculturas con numerosas actividades relacionadas coa gastronomía e cun ambiente familiar.