O Teatro Principal de Pontevedra, nova parada da xira "Carta Blanca" de Quique González

Pontevedra
11 de marzo 2015

A programación musical do Pazo da Cultura suma un novo atractivo. Quique González, considerado como un dos mellores músicos e compositores do panorama español, actuará na cidade de Pontevedra o próximo 21 de xuño

Quique González, nun dos seus concertos
Quique González, nun dos seus concertos / Página web oficial de Quique González

A programación musical do Pazo da Cultura suma un novo atractivo. Quique González, considerado como un dos mellores músicos e compositores do panorama español, actuará na cidade de Pontevedra o próximo 21 de xuño.

A última xira do artista madrileño, Carta Blanca, incorporará un concerto no Teatro Principal. Será nunha liña intimista como todas as actuacións que se enmarcan dentro deste ⿿tour⿿, pensando para actuar en solitario, en recintos pequenos e cun repertorio aberto que cambia cada noite en función das suxestións do público.

A xira comezou o pasado 28 de febreiro en Salamanca e percorrerá outras cidades como Donostia, Barcelona, Madrid, Pamplona ou Almería.

O artista, cunha ampla traxectoria e nove álbums na súa discografía, amósase moi ilusionado con esta xira, cuxa idea surxiu o pasado verán cando, durante unha actuación en Málaga en acústico e sen banda Quique ofreceu un concerto que, grazas ás peticións do público, prolongouse máis de tres horas.

"Fue mágico descubrirme haciendo lo mismo que hacía cuando empezaba a tocar en clubes de Madrid hace 20 años, pero después de haber grabado nueve discos que nunca he conseguido ver juntos en mi estantería", explicou nese momento. Antes de comezar a gravar o seu novo disco "me apetece lanzarme a esta aventura en solitario y sentir que viajo más ligero de equipaje por una temporada".

As entradas poderanse mercar nos próximos días en www.ataquilla.com a un prezo de 20 euros en venda anticipada e 25 euros o mesmo dia na billeteira, no caso de non esgotarse.

Esta actuación súmase a do artista Pablo Alborán que terá lugar o 11 de setembro na explanada do Recinto Feiral.