O teclista Cory Henry ofrece soul e diversión no Festival Internacional de Jazz

Pontevedra
25 de xullo 2017

Esta noite de martes, o vocalista DeRobert Adams, acompañado por The Half-Truths, será o protagonista na Ferrería a partir das 22.30 horas coun estilo que recolle a eterna loita da clase traballadora por sobrevivir 

Concerto de Cory Henry
Concerto de Cory Henry / Diego Torrado

Música electrónica, soul, funk e moita diversión é o que ofreceu na noite deste luns Cory Henry con The Funk Apostles na praza da Ferrería dentro da programación do 25 aniversario do Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra

Centos de persoas, con presenza de moitos mozos, seguiron o ritmo deste teclista, que tamén forma parte da agrupación Snarky Puppy. Cory Henry gañou en varias ocasións os premios Grammy e é produtor de músicos como Bruce Springsteen ou Kenny Garrett.

Este martes, 25 de xullo, o vocalista De Robert Adams, acompañado por The Half-Truths, collerá a testemuña na Ferrería para ofrecer o penúltimo concerto grande do Festival. As súas cancións recollen as reivindicacións da clase traballadora e a súa música ten selo propio, o "Nashville Soul". onde se mesturan melodías modernas e evocadoras con elementos rítmicos tradicionais.