O virtuosismo de Ara Malikian ao violín hipnotiza o público pontevedrés

Pontevedra
07 de marzo 2022

Poucos artistas hipnotizan ao público como o fai Ara Malikian. Acompañado do seu inseparable violín, volveuno a demostrar no concerto que ofreceu este domingo en Pontevedra. O músico de orixe libanesa chegaba ao auditorio de Afundación no marco da súa última xira

Concerto de Ara Malikian en Pontevedra
Concerto de Ara Malikian en Pontevedra / Cristina Saiz

Poucos artistas hipnotizan ao público como o fai Ara Malikian. Acompañado do seu inseparable violín, volveuno a demostrar no concerto que ofreceu este domingo en Pontevedra.

O músico de orixe libanesa chegaba ao auditorio de Afundación no marco da súa última xira, The Ara Malikian World Tour, e unha vez máis o fixo no medio dun gran éxito.

Un patio de butacas encheu gozou coa música do artista e sorprendeuse coas múltiples acrobacias que realiza sobre o escenario mentres interpreta o seu repertorio.