O festival Son do Mar, que este verán estreará a súa nova localización en Meaño, decidiu ampliar un día máis a súa programación.
Farao incorporando unha cuarta xornada, o domingo 26 de xullo, que estará dedicada á música urbana e na que actuarán artistas nacionais internacionais de renome.
Un deles será Omar Montes, que ofrecerá en Meaño o que será o seu único concerto do ano en Galicia.
O artista madrileño anunciou o pasado mes de marzo que se retira dos escenarios, polo que esta actuación será unha das últimas oportunidades para velo en directo.
Coñecido por fusionar flamenco con ritmos urbanos, Omar Montes colaborou cun amplo número de artistas de todo o mundo.
Ten cancións con C. Tangana, Bad Gyal, Ana Mena, Abraham Mateo, Rvfv, JC Reyes ou Rels B e recentemente acaba de sacar unha nova versión de Ayer la vi con Juan Magan.
Nos próximos días desvelarase o resto dos artistas que lle acompañarán sobre o escenario do Son do Mar o 26 de xullo.
Este cuarto día do festival será unha coprodución entre os seus organizadores e varios dos seus colaboradores habituais, Hangar Eventos e Salitre Producións.