Unha das bandas mais actuais e demandadas do país, The Rapants, non perderán este ano o festival Son do Mar, que se celebrará en Meaño os días 23, 24 e 25 de xullo.
Os de Muros, que acaban de presentar o seu último disco, Rapants Club, abrazan neste novo traballo musical a música disco, a electrónica e os ritmos latinos.
Actuarán no festival no seu primeiro día, o 23 de xullo.
Completarán así un cartel que, segundo a organización, "é de luxo, de moita calidade e que dará moito que falar".
Xunto a The Rapants estarán Maldita Nerea, Marlon e Luis Fercán.
Todos eles, avanzan desde o festival, darán concertos completos e no actuacións menos extensas para adecuarse á programación destes eventos.
Con The Rapants, recoñecen os responsables de Son do Mar, "saltamos un pouco a nosa filosofía" de non repetir bandas con outros festivais.
Con todo, subliñan que "consideramos que The Rapants tiñan que estar con nós si ou si, e eles tamén querían estar no noso festival".