Once compañías animarán o centro histórico nunha nova edición de Itineranta

Pontevedra
06 de xullo 2026

Esta cita, unha das populares das Festas de Verán de Pontevedra, desenvolverase os días 15, 16 e 17 de xullo polas principais rúas e prazas do centro histórico.

'Caricature' de Companhia Pia José Vicente - Companhia Pia

Volve Itineranta, o festival de animación de rúa de Pontevedra. Esta cita, unha das populares das Festas de Verán, será os días 15, 16 e 17 de xullo.

Nesta edición serán once as compañías que participarán en Itineranta, levando os seus espectáculos máis recentes polas principais rúas e prazas do centro histórico.

Así, o mércores 15, a partir das 21:30 horas, 'invadirán' o espazo público os excéntricos bombeiros de Les Pompiers da compañía catalá Cía A Tal.

A eles sumaranse os personaxes dos anos 60 e 70 que pasean en zancos de Disco Funk, dos zaragozanos K de Rúa, e o mundo postapocalíptico en chamas de Herederos del fuego, dos valencianos Pyros Espectáculos.

O xoves 16, desde as sete e media da tarde, desfilarán o extravagante Seat 600 de Carman, de Javier Ariza; ou a carreira de bicicletas excéntricas que protagoniza a compañía valenciana de circo La Finestra no espectáculo Pilots.

'Pilots' de La FinestraLa Finestra

La calle es nuestra dos cataláns Drinking Marching Band coa súa mestura de música de alta calidade e gags surrealistas e o espectáculo musical e pirotecnico Su Talka, da compañía vasca Deabru Beltzak, completarán a xornada.

Itineranta chegará ao seu fin o venres 17, tamén desde as 19:30 horas, coa familia de jirafas que propón os cataláns Xirriquiteula en Jirafes ou co expresionismo da caricatura que desenvolven os portugueses Pía en Caricature.

O Carrusel ambulante da compañía circense Tiritirantes e os dragones e bestas de inspiración grega de La Fam e a súa Quimera porán o broche a esta edición de Itineranta.