Ortiga actuará na Sala Karma o 17 de decembro

Pontevedra
16 de setembro 2021

A Sala Karma será un dos escenarios nos que se deterá a xira Momentos Alhambra, que incluirá concertos de grandes músicos nacionais en seis cidades españolas. No caso de Pontevedra, o artista elixido será Ortiga

Ortiga
Ortiga / Janite / Ernie Records

A Sala Karma será un dos escenarios nos que se deterá a xira Momentos Alhambra, que incluirá concertos de grandes músicos nacionais en seis cidades españolas. No caso de Pontevedra, o artista elixido será Ortiga.

Ortiga, unha das grandes referencias da música electrónica en Galicia, actuará na Sala Karma o venres 17 de decembro, segundo anunciaron os organizadores do ciclo.

O público pontevedrés poderá gozar da peculiar aposta musical do artista santiagués, que arrasa en festivais coa súa fusión de sons electrónicos e a verbena clásica galega.

O concerto celebrarase cumprindo en todo momento coas medidas e protocolos de seguridade establecidos polas autoridades sanitarias para previr a covid-19.

As entradas poñeranse á venda proximamente a través da plataforma wegow.com.