Os Carunchos ofrecerán en Portas un concerto do 30 aniversario dentro das actividades de Cultura no Camiño

Umia
25 de xuño 2024

A duodécima edición de Cultura no Camiño, que promove a Xunta de Galicia levará catro actividades este verán ao Concello de Portas. A artista Patty Diphusa abrirá estes eventos culturais este sábado 29 de xuño, ás 20.00 horas, no Teleclube de Lantaño, no Lugar de Casal

Patty Diphusa Patty Diphusa

A duodécima edición do programa Cultura no Camiño, que promove a Xunta de Galicia, ofrecerá catro actividades ao longo deste verán no Concello de Portas.

A primeira chegará este sábado 29 de xuño con 'SuperHarte', da artista Patty Diphusa. A sesión comezará ás 20.00 horas, no Teleclube de Lantaño, no lugar de Casal.

A programación continuará o domingo 21 de xullo no Teleclube Josefina Figueroa, en Romai, coa actuación de Dani García e o seu espectáculo 'Don Gelati'. Será ás 18.00 horas.

O xoves festivo do 25 de xullo, ás 20.00 horas, está prevista a actuación da agrupación Os Monifates con 'De festa en festa'. Comezará ás 20.00 horas no Albergue de Briallos.

Por último, o 19 de agosto, ás 20.00 horas, a Praza Porta de Conde acollerá o concerto do grupo Os Carunchos.

Este concerto forma parte da xira do trinta aniversario da agrupación no que convidan o público a bailar temas do folk máis dinámico.