Coa chegada do verán, o Centro de Interpretación dos Petróglifos de Mogor reactivará as visitas guiadas a todo este espazo arqueolóxico e patrimonial.
Desde este sábado 10 de xuño, o centro abrirá as súas portas de 11.30 a 13.30 horas e de 18.00 a 21.00 horas.
As visitas guiadas, unha forma moi boa de coñecer máis sobre a historia que contan os petróglifos e as trazas que deixaron do noso pasado como sociedade, serán ás 12.30 e ás 20.00 horas.
En todos os casos, subliñan desde o Concello de Marín, a entrada é gratuíta.