Os rapaces pontevedreses coñecen a Karyna Gomes, a revelación da música lusófona

Pontevedra
15 de xaneiro 2016

Investigadora da música de raíz do seu país, Guinea Bissau, está influenciada tamén pola mestizaxe e a experiencia de ter vivido en tres continentes: África, América e Europa. Iniciou a súa carreira en 2005 e axiña recibiu un convite para integrar o histórico grupo Super Mama Djombo

Cantos na Maré. Encontro con Karyna Gómes e Uxía / Mónica Patxot

Este venres, dentro das actividades paralelas ao Festival Internacional da Lusofonía, Cantos na Maré, tivo lugar no Pazo da Cultura, concertado con 100 escolares de 5º e 6º de primaria, un encontro con Karyna Gomes. É unha das artistas das que poderá gozar o público ao día seguinte.

Karyna Gomes é a gran revelación da música da África lusófona, cun primeiro disco, “Mindjer”, producido polo director musical de Cantos na Maré, Paulo Borges, que tivo un grande éxito de crítica e público.

Investigadora da música de raíz do seu país, Guinea Bissau, está influenciada tamén pola mestizaxe e a experiencia de ter vivido en tres continentes: África, América e Europa. Iniciou a súa carreira en 2005 e axiña recibiu un convite para integrar o histórico grupo Super Mama Djombo. Ten compartido escenario con artistas como Tito Paris, Pricezito e Diva Barros.