Había ganas de concerto e había ganas de 'Matinés'. O ciclo musical regresou este sábado 30 de outubro, aínda que o fixo nun novo escenario.
O Pazo da Cultura tomou a testemuña do habitual emprazamento do Teatro Principal, polo menos polo momento, e estreouse coa visita de 'Balthazar'.
Foi en realidade unha dobre sesión belga, primeiro coa actuación de Sylvie Kreusch para abrir boca e despois co prato principal.
Balthazar presentou en Pontevedra o seu novo traballo de estudo, titulado 'Sand', contaxiando cos seus ritmos ao público asistente e que quedou con ganas de máis.
Para iso haberá que esperar aínda ata o 4 de decembro, cando se suba ao escenario de 'As Matinés' a artista Maika Makovski.