Os soños futbolísticos de dous mozos sirios espállanse este martes no ciclo de cine Amal en Ruta

Pontevedra
04 de setembro 2023

A proxección será ás 21.00 horas no Teatro Principal de Pontevedra, con entrada libre e gratuíta ata completar a capacidade do recinto

Fotograma de 'The Captains of Zaatari'
Fotograma de 'The Captains of Zaatari' /

Dous mozos sirios que residen nun campo de refuxiados de Xordania central a trama do documental 'The Captains of Zaatari', que se proxecta este martes 5 de setembro a partir das 21.00 horas no Teatro Principal de Pontevedra dentro do ciclo Amal en Ruta.

Este documental proxéctase en versión orixinal con subtítulos en castelán e está dirixida polo produtor e director de cinema exipcio Ali El Arabi.

A proposta ofrece a visión de Fawzi e Mahmound cando unha academia de fútbol chega a Zaatari coa intención de fichar a novos xogadores. 

O ciclo continuará o mércores 6 coa película 'Farha' o xoves proxéctase o documental 'Maior' e finalizará o venres 8 coa longametraxe de ficción 'You resemble me'.

A entrada a todas as sesións é libre e gratuíta ata completar a capacidade do recinto.