Pablo Alborán inclúe Pontevedra na súa nova xira: actuará na cidade o 11 de setembro

Pontevedra
09 de decembro 2014

11 de setembro. ÿ a data escollida para o concerto que Pablo Alborán dará en Pontevedra. Así se desvelou este martes. Esta actuación forma parte da xira coa que o malagueño, un dos artistas que máis discos vendeu en España nos últimos anos, regresa aos escenarios

Pablo Alborán, nunha das imaxes promocionais do disco "Terral"
Pablo Alborán, nunha das imaxes promocionais do disco "Terral" / Warner Music

11 de setembro. ÿ a data escollida para o concerto que Pablo Alborán dará en Pontevedra. Así se desvelou este martes. Esta actuación forma parte da xira coa que o malagueño, un dos artistas que máis discos vendeu en España nos últimos anos, regresa aos escenarios.

A partir do próximo mes de febreiro, Pablo Alborán presentará o seu último disco, titulado Terral, nunha xira que percorrerá un total de 20 países. En España será a partir de maio cando o público poida gozar en directo destas novas cancións.

O seu paso por Galicia está previsto para o verán. Actuará na Coruña o 11 de xullo e en Pontevedra o 11 de setembro. Neste caso, o concerto será na explanada do Recinto Feiral.

Terral é o terceiro álbum de estudo de Pablo Alborán, o cuarto da súa carreira, e un dos discos máis agardados da tempada. ÿ tamén un traballo que, segundo recoñece o propio cantante, ten a atmosfera e a frescura dun primeiro álbum.

Con só 25 anos de idade, ten un currículo envexable e é toda unha referencia da música pop actual. En España conseguiu 26 discos de platino (oito polo primeiro disco, outros oito polo acústico e dez polo álbum Tanto). Tamén conseguiu sete discos de platino en Portugal e a súa carreira comezou a ser descuberta do outro lado do Atlántico onde fará un esforzo especial de promoción nesta nova xira.

As entradas poñeranse á venda este mércores 10 de decembro en exclusiva en pabloalboran.es. Ao día seguinte estarán dispoñibles en Ticketmaster, El Corte Inglés, Mister Entradas e Marca Entradas.