Paseas por Pontevedra e, de repente, un concerto!

Pontevedra
28 de xullo 2017

A música empezou a soar ao mediodía e xa non parou en todo o día. Durante toda a xornada deste venres, pasear por Pontevedra implicaba a posibilidade de atoparse un concerto en calquera esquina do centro histórico. O motivo: a nova edición de 'Paseantes' 

Concerto do ciclo 'Paseantes' 2017 polas rúas e prazas de Pontevedra Mónica Patxot

A música empezou a soar ao mediodía e xa non parou en todo o día. Durante toda a xornada deste venres, pasear por Pontevedra implicaba a posibilidade de atopar un concerto en calquera esquina do centro histórico. O motivo: a nova edición de 'Paseantes', un conxunto de itinerarios musicais a pé de rúa

A sorpresa era completa, pois podías pasar por unha rúa e non ver nada e, ao minuto seguinte, de súpeto, alí había un concerto, pois os grupos chegaban, montaban en cuestión de minutos e empezaban a tocar. Unha hora despois, a sorpresa podía ser igual, pois, tras o concerto, ían sen deixar rastro.

'Paseantes' inclúe entre este venres e este sábado 15 concertos de pequeno formato a pé de rúa en oito espazos distintos da cidade: a praza da Peregrina, cale Pai Luís, a glorieta de Compostela, a praza de Ourense, a praza de abastos, a contorna do Teatro Principal, a praza da Verdura e a praza do Teucro.

As persoas que non puidesen gozar do show este venres aínda ten a oportunidade de velo este sábado 29. E os que queiran repetir, terán este programa dispoñible:

12.00 horas. Concerto de Iria Estévez e Gonza Piña. Praza de abastos. Fados.
13.00 horas. Concerto de Ukestra do Medio. Escaleiras Teatro Principal. Ukelekes.
14.00 horas. Concerto de Andrea and the Black Cats. Escaleiras do Teatro Principal. Blues.
19.00 horas. Concerto de Lorena Osorio. Praza da Verdura. Cantautora.
20.00 horas. Concerto de Marcelo Dobode e as Amoras Maduras. Praza da Verdura. Música Tradicional.
21.30 horas. Concerto Palito Tablatuba. Praza do Teucro. Contemporaneo.
22.30 horas. Concerto de Wöyza. Praza do Teucro. Rap.