Paseo e concerto, dous nun en Pontevedra

Pontevedra
27 de xullo 2018

A programación festiva do Concello de Pontevedra chegou este venres ás rúas da cidade a través dos concertos do ciclo musical Paseantes, unha iniciativa que leva as actuacións de grupos de distintos estilos musicais a puntos de todo o centro 

Concertos da edición 2018 do ciclo Paseantes
Concertos da edición 2018 do ciclo Paseantes / Mónica Patxot

A programación festiva do Concello de Pontevedra chegou este venres ás rúas da cidade a través dos concertos do ciclo musical Paseantes, unha iniciativa que leva as actuacións de grupos de distintos estilos musicais a puntos de todo o centro.

Para asistir aos concertos de Paseantes tan só foi necesario deixarse caer polas rúas e prazas máis céntricas, pois houbo concertos na praza de José Martí, a praza San Xosé e, pola tarde, a glorieta de Compostela e a praza de Ourense. Actuaron 'Nunca é tarde', 'Dany Moure', a 'Escola BONOBO', a cantautora Palito, 'Andhrea and The Black Cats. Blues, 'The Show Bass. Rocksteady' e 'Cherry Sweet'.

A edición 2018 deste ciclo musical continuará este sábado con dous eixos fundamentais na programación: a muller a música galega en xeral e pontevedresa en particular. O programa busca visibilizar que Pontevedra ten unha variedade e cantidade de grupos e persoas que traballan nos distintos aspectos da música e a gran cantidade de mulleres que se adican á música en todos os seus aspectos.

A programación de Paseantes continuará este sábado 18 de xullo.
12.00 horas. Concerto de Iria Estévez Atlántica. Cantautora. Praza de Curros Enríquez
13.00 horas. Concerto de Marcelo Dobode. Música tradicional. Escaleiras Teatro Principal
14.15 horas. Concerto de Atrás Tigre. Pop. Escaleiras do Teatro Principal
19.00 horas. Concerto de Loro. Cantautora. Praza da Verdura
20.15 horas. Concerto de Ukestra do Medio. Ukeleles. Praza da Verdura
21.30 horas. Concerto de Mounqup. Electrónica. Praza do Teucro
22.45 horas. Concerto de Wöyza. Hip hop Soul. Praza do Teucro