Locen no Pazo Provincial os traxes tradicionais inspirados nas obras de Castelao

Pontevedra
21 de novembro 2025
Actualizado: 15:38

A agrupación Sete Espadelas ofreceu este acto no vestíbulo do edificio da Deputación de Pontevedra con motivo do 75 aniversario do falecemento de Castelao

Pasarela de traxes tradicionais inspirados na obra de Castelao
Pasarela de traxes tradicionais inspirados na obra de Castelao / Cristina Saiz

A cultura galega percorreu a súa esencia este xoves no Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra, onde tivo lugar a pasarela de traxes tradicionais inspirados na obra de Castelao.

O presidente da Deputación, Luis López, acompañado polo deputado Jorge Cubela, quixo salientar o compromiso da institución coa defensa das raíces e a historia de Galicia, destacando o papel da casa provincial como espazo amigo da cultura e dos colectivos.

Organizado pola asociación etnográfica Sete Espadelas, o desfile reuniu 43 pezas elaboradas polo colectivo e inspiradas fielmente nas diferentes clases sociais dos séculos XVIII e XIX.

Estas pezas foron representadas nos debuxos do intelectual rianxeiro, recollendos os mínimos detalles.

A iniciativa forma parte das actividades do 75 aniversario do falecemento de Castelao, que inclúen tamén a próxima exposición da súa obra mestra 'A derradeira leición do mestre' no Museo provincial.

O presidente Luis López avanzou que viaxará a Arxentina para pechar o acordo de cesión co Centro Galicia de Bos Aires, o que permitirá traer por vez primeira a Pontevedra esta emblemática pintura.

O programa de actos complétase co primeiro Premio Castelao para textos teatrais e coas visitas guiadas ao Museo de Pontevedra para afondar no legado do autor.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora