'Per la bona gent', a xira de Manel por Galicia, conclúe o sábado no Pazo da Cultura

Pontevedra
03 de novembro 2022

A banda catalá ofrecerá un concerto este sábado 5 ás 21.00 horas no Pazo da Cultura de Pontevedra. O grupo ofrecerá un recital facendo un repaso a súa traxectoria desde os seus inicios. As entradas permanecen á venda en Woutick.esa>

Concerto de Manel Manel

Manel nacía no ano 2007 e xa nos seus primeiros anos pasaba a ser a banda chamada a revolucionar o pop catalán con álbums como 'Els millors professors europeus' ou '10 milles per veure unha bona armadura' con hits como 'Aniversari' ou 'Benvolgut'.

En 2019 lanzaban 'Per a bona gent', un traballo cheo de temas sorprendentes e que mostran a evolución deste cuarteto, que logrou alcanzar o número uno da lista oficial de vendas, tanto física como en streaming, converténdose na única formación en logralo en catro ocasiones con discos cantados integramente en catalán.

A xira iniciada aquel ano tivo que se suspender debido á irrupción da pandemia e neste 2022 retornaron a Galicia para presentar as súas últimas propostas sonoras.

Os seus seguidores terán a oportunidade de gozar este sábado 5 de novembro no Pazo da Cultura do concerto que pecha a súa exitosa xira, que leva o título do álbum, por Galicia. Será a partir das 21.00 horas e as entradas atópanse á venda a través da plataforma Woutick.es

A formación integrada por Guillem Gisbert, Martí Maymó, Roger Padilla e Arnau Vallvé ofrecerá tanto os seus últimos temas como un repaso á súa discografía, que lles levou a realizar actuacións en escenarios de, entre outros, lugares tan variados como Estados Unidos, Francia, México, Arxentina, Alemaña, Luxemburgo, Irlanda, Gran Bretaña ou Filipinas.