O artista plástico, ilustrador, debuxante de BD e profesor de debuxo na Escola Mestre Mateo Mariano Casas regresará en novembro ás súas orixes cunha exposición en Pontevedra.
A mostra inaugurarase o día 14 de novembro ás 20 horas na sala de exposicións do Liceo Casino de Pontevedra e poderá verse ata o 9 de decembro.
Baixo o titulo 'PETEUVE', exporá debuxos orixinais, ilustracións e pinturas.
Ademais, presentará o libro ilustrado Pontevedra Para Peteuves, da súa autoría.
Veciño de Pontevedra durante 16 anos, leva décadas asentado en Santiago de Compostela e nesta exposicion realiza un percorrido vital pola cidade.
Lembra con debuxos feitos in situ as súas vivencias no instiuto Valle Inclán, a Facultade de Belas Artes, o colexio Campolongo e moitos rincóns e lugares nos que transcurriron os seus anos nesta vila.
A mostra é "unha homenaxe a esa Pontevedra de toda a vida", a ese carácter único da cidade, "máis difuminado agora polo turismo, a xentrificación e certa pérdida das identidades culturais e das vidas de barrio que todos coñecemos".
O autor explica que tanto o libro como a mostra "non son só un percorrido nostálxico", senón que "tamén hai moito humor nas páxinas do libro".
Ofrece unha visión da cidade que "única e moi personal" que está seguro que resultará moi familiar "a todo canto PTV acoda a visitar esta mostra, co orgullo PTV que corresponde. Porque non hai cidade en ningures como a nosa".