Pistoletazo de saída ao Galegote Rock 2016

Pontevedra
13 de maio 2016

Querido Extraño e Roger de Flor inauguraron cun concerto en El Pequeño os actos do Galegote Rock, evento musical que quere promover e normalizar a música en lingua galega e en vivo e que terá este sábado 14 de maio o seu día grande

Concerto de Querido Extraño e Roger de Flor no Galegote Rock
Concerto de Querido Extraño e Roger de Flor no Galegote Rock / Mónica Patxot

El Pequeño acolleu este xoves o primeiro dos concertos do Galegote Rock 2016, que encherá de actividade musical a cidade nos próximos días.

Querido Extraño e Roger de Flor protagonizaron a primeira xornada dun evento que pretende promover e normalizar a música en lingua galega e en vivo con actuacións en diversos puntos da cidade.

Este venres a Sala Karma collerá a testemuña co concerto de Santos Morcegos e Camarada Nimoy, mentres o sábado 14 de maio será o día grande do Galegote cunha ampla programación ao longo do día:

11.00 a 15.00 horas: O Xabarín de Bora actuará en el Mercado de Abastos

12.00 horas: Tanto nos ten - Praza da Ferrería

12.30 horas: O cadelo lunático - Terraza da Sidrería Montañés

13.00 horas: Davide Salvado - Mercado de Abastos

13.00 horas: Expresión Contacontos "Canta Contos" - Pazo de Mugartegui

14.00 horas: Alley Stompers. Escola de Baile Lindy Hop - Cafetería Savoy

15.00 horas: Tatán Chapeu - Parador

16.00 horas: Mike Grelo e curmán - O Grifón

17.00 horas: Poetarras - O Diaño

18.00 horas: Sokram - El Pequeño

18.30 horas: Falabaratas, "Xoana sen medo" - Pazo de Mugarteugui

19.00 horas: Champurrada - Escaleiras do Teatro Principal

20.00 horas: Familia Caamagno - Cruceiro das cinco rúas