A música en galego resoa en toda Pontevedra co Galegote Rock

Pontevedra
15 de maio 2016

Todo o centro histórico de Pontevedra converteuse este sábado nun gran escenario no que se escoitou música en directo e en galego. Ese era o obxectivo da xornada grande da quinta edición do festival Galegote Rock, un evento cultural que xa está plenamente consolidado na programación da cidade

Concerto de Alley Stompers no Galegote Rock 2016
Concerto de Alley Stompers no Galegote Rock 2016 / Diego Torrado

Todo o centro histórico de Pontevedra converteuse este sábado nun gran escenario no que se escoitou música en directo e en galego. Ese era o obxectivo da xornada grande da quinta edición do festival Galegote Rock, un evento cultural que xa está plenamente consolidado na programación da cidade.

Desde o mediodía, unha decena de bandas e artistas actuaron en diferentes espazos do centro histórico, ben a cuberto -porque xa estaba previsto así ou pola choiva- ou ben en ámbitos ao aire libre a medida que foi mellorando as condicións climatolóxicas.

Tanto nos ten, O cadelo lunático, O xabarín de Bora, Davide Salvado, Alley Stompers, Tatán Chapeu, Mike Grelo e curmán, Poetarras, Sokram ou Falabaratas foron animando unha xornada que tivo, como acto principal, un dobre concerto no cruceiro das cinco rúas, a cargo das bandas Champurrada e Familia Caamagno.

Centos de persoas participaron nos concertos programados do Galegote Rock 2016 polos diferentes escenarios previstos, demostrando que a música en galego goza dunha boa saúde en Pontevedra.

Ademais, o festival incluíu varias actividades paralelas, entre elas, a organización de xogos populares para nenos na praza da Pedreira ou contacontos no Pazo de Mugartegui.