PODCAST. Os alumnos do IES Xunqueira II de Pontevedra entrevistan a García Lorca

Pontevedra
03 de marzo 2026
Actualizado: 18:36

PontevedraViva Radio continúa coa actividade iniciada para este 2026 de fomento da lectura entre estudantes de Primaria e Secundaria

Estudantes do IES Xunqueira II de Pontevedra

PontevedraViva Radio continúa coa actividade iniciada para este 2026 de fomento da lectura entre estudantes de Primaria e Secundaria.

Esta vez compartiron estudo alumnos de segundo curso de ESO do IES Xunqueira II de Pontevedra.

Alumnos IES Xunqueira II de Pontevedra


Federico García Lorca foi o autor sobre o que se centrou a sesión. A súa biografía e a súa traxectoria como escritor ocupou un primeiro bloque.

A través de informacións de PontevedraViva e dun audiovisual de RTVEPlay souberon do vínculo de García Lorca con Galicia e con Pontevedra.

Alumnos do IES Xunqueira II de Pontevedra

Eses nexos á comunidade e á súa cidade resultaron rechamantes entre estes mozos.

Conxugando a parte de incentivación do interese lector con nocións sobre o medio radiofónico, chegaron á parte máis práctica na que redactaron e locutaron entrevistas imaxinarias co escritor granadino.

Estudantes do IES Xunqueira II de Pontevedra


Para completar a actividade, deron lectura a un poema de García Lorca escollido do 'Romancero xitano'.

Durante a visita estudantil realízase tamén a gravación dun podcast, xa dispoñible para escoita e descarga.

Estudantes do IES Xunqueira II de Pontevedra

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora