Antes de pechar o ano, o podcast 'Conversas na Ferrería' pon a atención nas salas de cine e nas plataformas audiovisuais de streaming. A intención, saber que titulos da industria española son os que máis lles gustaron aos tertulianos invitados.
Participan, Seve Casalderrey, promotor e crítico de cine; Lorena Romero, actriz; Julio C Piñeiro, afeccionado e xestor da web enclavedecine.com; e Santiago Agopian, licenciado en Belas Artes e afeccionado ao cine.
De forma xeral, unha opinión unánime é que o 2025 foi un bo ano para a sétima arte. Seguidamente, se focalizan a atención en películas, estiman que aínda que non foi un bo ano para a comedia, si o foi para o xénero dramático.
Se opinan sobre as producións realizadas para as plataformas audiovisuais, coinciden en sinalar que a comedia respondeu mellor que o drama.
En canto a películas dramáticas pon sobre a mesa títulos como: 'Ciudad sin sueño', 'El secreto del orfebre', 'Los domingos', 'Golpes', 'La buena letra', 'Sirat', 'La furia', 'Una quinta portuguesa' ou 'Subsuelo'.
En comedias destacan 'Mi amiga Eva', 'Leo & Lou' e 'Decorado', ambas as con selo galego e 'La cena'.
Entrando nas series apuntan coas súas mellores valoracións: 'La suerte', 'Superestar', 'Mariliendre', 'Furia', 'A muerte', 'Poquita fe' e 'La vida breve'; todas elas no apartado de comedia. No de drama 'Anatomía de un instante', 'Pubertat', 'Yakarta' ou 'Silencio'.
Hai un quinto invitado a este podcast que participou con motivo do protagonismo da serie na que traballa actualmente.
O vigués Ozo Perozo é un dos directores de 'Valle salvaje' que emite TVE e Netflix a diario. Pertence a Bambú Producciones e estaba entre as nomeadas ao Emmy Internacional na categoría de telenovela. Un galardón que xa levou o pasado ano esta produtora con outro título de emisión na televisón pública, 'La promesa'.
Charlamos con Ozo unhas horas antes de coñecerse o resultado da gala; e aínda que nesta ocasión non se fixo co premio, aínda queda outra oportunidade xa que tamén é candidata entre os Rose d'Or que se celebran este próximo 1 de decembro.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.