O episodio de 'A familia Xachoconto' previo a este contou co alumnado de 3º e 4º curso de Primaria do CEIP As Bizocas do Grove; así que fan dobrete no podcast porque tamén visitaron PontevedraViva e PontevedraViva Radio os seus compas de 5º e 6º curso (10 a 12 anos).
O centro meco xunto ao pontevedrés CEIP Vilaverde foron nesta edición, os colexios con maior número de participantes nesta proposta que conxuga o achegamento aos medios de comunicación e o fomento da lectura entre alumnos de Primaria e Secundaria.
O espazo tamén foi eixo temático do podcast que gravaron - e está dispoñible para escoita e/ou descarga -, xa que é o tema común do centro educativo neste curso lectivo que xa termina.
Propúxoselles opinar sobre o uso de animais para a experimentación científica e concretamente sobre o caso de Laika, a cadela rusa que se converteu no primeiro ser vivo en viaxar ao espazo.
Tamén expuxeron as súas opinións sobre a profesión de astronautas. Coñeceron o libro 'Las chicas van donde quieren', de Irene Cívico e Sergio Parra con ilustracións de Nuria Aparicio. Un texto no que puideron ver a biografía de Peggy Whitson, a persoa que segue acumulando máis horas de estancia no espazo exterior.
Deixando ao carón as investigacións e viaxes espaciais, como a misión máis recente Artemis II; tamén se puxo a atención no sol, a lúa e o planeta Terra.
O motivo, falar das dúas próximas eclipses que se producirán no mes de agosto: unha solar o día 12 e outra lunar o día 28.
Para terminar expuxeron os seus hábitos lectores e a súa actividade na radio escolar do centro.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.