PODCAST. É a primeira, pero non é a primeira vez que Beatriz Arias di 'Soy la nueva'

Pontevedra
10 de maio 2026

Beatriz Arias é xornalista. O seu currículo profesional inclúe importantes grupos de comunicación e tamén X (Twitter). 'Soy la nueva' é a súa primeira novela

Portada da novela contemporánea 'Soy la nueva' escrita por Beatriz Arias
Portada da novela contemporánea 'Soy la nueva' escrita por Beatriz Arias / PontevedraViva

A xornalista Beatriz Arias publicou a súa primeira novela. Ficcción. Ou non tanto. Antes de apuntar 'Soy la nueva', vén ben falar da traxectoria profesional da autora.

Actualmente é directora de Negocio Social Media do grupo Atresmedia. Antes pasou polas redaccións da Cadea Ser, a NBC en Nova York ou Antena 3 Noticias. Tamén foi directora de Alianzas Estratéxicas de Twitter España.

'Soy la nueva' é unha novela contemporánea cunha protagonista feminina que é contratada por unha gran corporación internacional, unha plataforma de streamming chamada Sky Coast.

Antía Montes é unha muller duns trinta anos que acaba de ser nomeada responsable de contidos na oficina madrileña da multinacional. "Ser a nova é sempre cento por cento aprendizaxe, ten moitas máis cousas positivas, pero sempre mantente en alerta, sobre todo cando sentes que aínda tes que demostrar e que tes esa autoesixencia constante contigo mesma", apunta Beatriz.

Sky Coast exhibe uns códigos éticos e procedimentais que non coinciden en ocasións cos que reproduce de portas cara dentro. Esa reiterada imaxe reputacional que pode resultar un: fai o que diga pero non o que faga.

"Ante todo é unha ficción. Apetecíame moito meterme nas tripas das multinacionais e ver a través da historia de Antía, como é traballar nunha destas empresas. Está inspirada en vivencias miñas e nese sentido, puiden compartir un pouco cos lectores esas experiencias", aclara.

O acoso dixital, a lapidación pública, o abuso de poder, despedimentos, o fracaso, volver empezar, as inseguridades - agora chamadas síndrome do impostor -; un amplo rango de cuestións que requiren seriedade, pero para non atragoarse, Beatriz Arias pon sentido do humor, como ela di, retranca.

E si, é de orixe monfortina, por iso "era un gran lugar perfecto para situar á protagonista. Creo que a novela ten moita mirada feroz, moito humor pero sobre todo creo que ten un pouquiño de retranca galega que ao final mamei nas miñas propias raíces".