PODCAST. Sibila Freijo recupera a esencia do blog Sexo en Chamberí en 'Ponme otro vino que aún te veo feo'

Pontevedra
30 de abril 2026

A xornalista e escritora galega reúne historias sentimentais, amorosas e sexuais de cuño real, ficticio e ao cincuenta por cento, envolvidas sempre de notorio sentido do humor

A escritora e xornalista galega Sibila Freijo publica 'Ponme otro vino, que aún te veo feo'
A escritora e xornalista galega Sibila Freijo publica 'Ponme otro vino, que aún te veo feo' / PontevedraViva

Non chegaba aos trinta anos cando a xornalista Sibila Freijo creou un blog titulado Sexo en Chamberí no que o seu 'alter ego' Carlota Valdés falaba das súas aventuras amorosas e sexuais. Agora, superados os cincuenta, recupera aquela esencia narrativa para publicar 'Ponme otro vino que aún te veo feo'.

Un título que compendia historias sentimentais, amorosas e sexuais, de cuño real, ficticio, a medias entre un e outro. "Non hai un fío argumental porque a vida tampouco o ten", explica Sibila no podcast 'Cara a cara'.

Todas esas historias conforman "un mapa emocional reconocible", para toda aquela muller que se acerque a estas páxinas, e tamén para aqueles homes que fagan o mesmo, porque eles son parte fundamental deste libro.

Os aproximadamente vinte anos polos que discorren estes relatos teñen o seu elixir. Comézase pola champaña "que é como a efervescencia dos principios, cando todo está ben, a efervescencia do sexo".

Tras a etapa branco seco chega o mágnum gran reserva que "é o amor de verdade, cando chegan os fillos, se é que se teñen, o amor máis verdadeiro". Hai algunha copa de máis co seu momento de resaca.

E termínase con auga con gas "o momento de desilusión do amor, de certa decepción ou de certa estabilidade; un pouco cando xa non crees as cousas, cando xa non estás neses mundos de Yupi do principio", conclúe.

En  'Ponme otro vino que aún te veo feo' hai sexo, do que procede do instinto e do que se acompaña de sentimento - con correspondencia e sen ela-; hai amor e hai desamor.

Hai que tomalos mesturados ou por separado?, responde Freijo: "si pódese xuntos; si non, separados; e si non, con humor porque non hai receita posible no amor e o sexo". E ese terceiro ingrediente, o sentido do humor, está presente da portada á contraportada.

Humor non só neste libro, está presente na propia autora: "eu véxome como una personaja dun bodevil. E creo que os demais me ven dunha maneira máis seria. Eu ríome moito de min mesma, pero grazas a rirme de min mesma podo, un, soportar todo isto, e dous, escribir o que escribo".