Si todo o que leva escrito Paula Núñez estivese en formato libro poderían editarse centos. Faio desde que tiña sete anos. Unha pulsión.
É ferrolá, licenciada en Empresas e Mercadotecnia, máster en Poética e en Capacitación Docente en Escritura Creativa. E está a sacar un doutoramento en Filosofía e Letras.
'te echo de menos ven y hazme poesía' é o seu primeiro poemario en papel. Este dato non significa que os seus versos se estreen ante o público, ese publico en Instagram ten un número: 104.000 seguidores.
"Empezou todo de casualidade, non tiña ningún fin. Unha amiga comentoume: todo o que tes aí, compárteo, fas fotografías moi bonitas e ao final mesturouse isto que agora se chama fotopoesía... foi de casualidade e estou feliz con todas estas persoas que están aí, que me seguen... recibo tanto agarimo delas, é que non sei, non teño unha explicación, a verdade é que estou un pouco atafegada co tema de Instagram", sinala
Lembra tamén no podcast 'Cara a cara' como, casualmente, xurdiu a idea de publicar os seus versos en papel. Só poesía; bo, con catro excepcións fotográficas, especiais, moi especiais, fundamentais.
A poesía de Paula Núñez é vida de muller. Unha poesía sen ornamentos, minimalista. E con tan pouco, capaz de expresar tanto.
Este poemario é universo, é amor tolemia, son monstros, é soidade, é mar, son refuxios, é alma. É ela.
E ela rehuye as multitudes - que xa o son si pasan de cinco -, recoñécese tímida, cómoda no silencio, rebelde, libre, con contados medos e con duelos medidos, con soños e sen donos.