Poemas de Xela Arias nos bancos da Alameda de Marín

Marín
14 de maio 2021

A Asociación Cultural Almuinha colocou nos bancos da Alameda de Marín unha trintena de poemas de Xela Arias, a escritora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas

Membros da  Asociación Cultural Almuinha
Membros da Asociación Cultural Almuinha / A.C. Almuinha

A Asociación Cultural Almuinha colocou nos bancos da Alameda de Marín unha trintena de poemas de Xela Arias, a escritora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas. 

Dende este colectivo explicaron que con este sinxelo acto queren levar a cabo un pequeno recoñecemento á figura de Xela Arias e divulgar a súa obra, "mais por outra banda non queremos deixar pasar por alto esta data para lembrar que os galegos e as galegas temos unha lingua propia, que vive unha situación moi complicada coa continua perda de falantes, consecuencia da política lingüística do PP, que por activa e por pasiva ben amosando unha absoluta falta de sensibilidade cara a nosa lingua, cando non aberta hostilidade".

Almuinha critica que o Concello de Marín careza dun Servizo de Normalización Lingüística "e o que é peor, o goberno do PP de María Ramallo non leva a cabo nin a máis mínima actuación en materia lingüísitica".

Por último esta asociación cultural destaca que "o galego precisa actuacións decididas, campañas e propostas para fomentar o seu uso nos diferentes ámbitos sociais, non palabras baleiras desprovistas de contido real".