Ponteatro, aposta do Pazo da Cultura e o Teatro Principal para os xoves de outono

Pontevedra
06 de outubro 2014

Comedia, drama, teatro de improvisación e experimental, circo e un musical son as propostas coas que, segundo a concelleira de Cultura, Anxos Riveiro, buscan "atraer novos públicos" ao teatro

Presentación da segunda edición do ciclo Ponteatro
Presentación da segunda edición do ciclo Ponteatro / Mónica Patxot

Os xoves, bótalle teatro á vida. ÿ a proposta do Pazo da Cultura e o Teatro Principal para este outono. Sete compañías galegas de recoñecida traxectoria presentarán os seus novos espectáculos na segunda edición do ciclo Ponteatro. Comedia, drama, teatro de improvisación e experimental, circo e un musical son as propostas coas que, segundo a concelleira de Cultura, Anxos Riveiro, buscan "atraer novos públicos" ao teatro.

As obras que se ofrecerán nesta nova edición de Ponteatro son:

  • 16 de outubro (21.00 horas, Teatro Principal): Amor flexible, de Redrum Teatro

ÿ unha comedia de rabiosa actualidade, axil, cercana e amable que profundiza nas relacións familiares e de parella. Coa excusa dos sete pecados capitais como eixo estructural, falará da idealización do amor, da crise e como efecta aos novos modelos familiares, da vida a partir dos sesenta e das segundas oportunidades. Todo isto, dende o humor. Dirixida por Alex Sampayo, conta con Mela Casal, Guillermo Carbajo e Tamara Canosa no seu reparto.

  • 23 de outubro (21.00 horas, Pazo da Cultura): A tempestade, de Voadora

En homenaxe a Shakespeare, do que se cumpren 450 anos do seu nacemento, Voadora versiona un dos seus textos. Próspero, duque de Milán, é traizoado polo seu irmán Antonio, quen o expulsa nun golpe  de estado e o abandona no mar á súa sorte xunto á súa pequena filla, Miranda. A familia desembarca nunha illa deserta onde vivirá entre monstros e espíritos.

  • 30 de outubro (21.00 horas, Teatro Principal): Meu Ben, de Eme2

Amor, sexo, vida, morte e clases de salsa. Tres xeracións de mulleres. Un ano extraordinario. Así é, en poucas palabras a produción de Eme2 dirixida por Álvaro Lavín, con Mercedes Castro, Elina Luaces e Rocío González no reparto.

  • 6 de novembro (21.00 horas, Pazo da Cultura): Impreuna, de Pistacatro

Dirixido por Pablo Reboleiro, é un espectáculo mergullado integramente nos códigos artísticos do circo (malabares, aéreos, acrobacias e clown), todo isto sen renunciar á fusion sen complexos con outras artes vivas como a danza, o teatro físico e a comedia. ÿ tamén unha viaxe polo mundo das relacións en grupo e unha visita por valores como a amizade, a familia, o traballo en comunidade, a solidariedade ou a cooperación, intrínsecos ao mundo do circo.

  • 20 de novembro (21.00 horas, Teatro Principal): O feo, de Catrocadeiras

Comedia do recoñecido autor alemán Marius Von Mayenburg, que convida a reflexionar acerca do que realmente nos define como persoas. Conta no seu elenco con Machi Salgado, Laura Campos, Manuel Polo e Xoán Abreu. Lette considérase unha persoa normal. Traballa duro como enxeñeiro e goza dun matrimonio apacible, sen sobresaltos. Mais un día descubre unha terrible verdade: é espantosamente feo.

  • 11 de decembro (21.00 horas, Teatro Principal): Bye bye, honey, de Obras Públicas

Espectáculo gañador de dous premios María Casares 2014, conta a historia de Marta, unha rapaza de barrio que non é un anxo nin é un demo, e que cando decide deixar a súa casa e a súa familia emprende un camiño incerto e perigoso. ÿ un espectáculo duro, acedo e descarnado. Pero tamén na obra hai tempo para o humor, para o amor e, por suposto, para a música e as cancións interpretadas en directo.

  • 18 de decembro (21.00 horas, Teatro Principal): Improperio DF, de Triateros

Un espectáculo de improvisación teatral con música en directo formado a partir de xogos clásicos e non tan clásicos da improvisación cómica. A peza presenta catro representantes políticos de Improperio Distrito Federal que pretenden colonizar ao público asistente mostrando, mediante xogos de improvisación, as deficiencias da nosa sociedade.

 

O prezo das entradas para cada unha das funcións será de oito euros (catro para estudantes, parados e xubilados). Ademais, ao igual que o ano pasado, poderase retirar un aboamento para as sete obras do ciclo. Ten un prezo de 42 euros (28 para o público bonificado) e pódense adquirir a través do servizo de venda electrónica de Servinova.