Ponteatro rememora a educación truncada polo franquismo coa obra "As alumnas"

Pontevedra
28 de febreiro 2024

Reflectir o que significou o franquismo para a educación en xeral, pero sobre todo para a das mulleres. Ese é o espírito da obra teatral "As alumnas", da compañía Culturactiva Producións. O público pontevedrés puido vela este martes dentro do ciclo Ponteatro

Representación da obra "As alumnas" no ciclo Ponteatro
Representación da obra "As alumnas" no ciclo Ponteatro / Mónica Patxot

Reflectir o que significou o franquismo para a educación en xeral, pero sobre todo para a das mulleres. Ese é o espírito da obra teatral "As alumnas", da compañía Culturactiva Producións. O público pontevedrés puido vela este martes dentro do ciclo Ponteatro.

Nela, as actrices Anabell Gago e Mónica Camaño dan vida a dúas antigas alumnas de María Barbeito, a pedagoga galega máis destacada na época da II República e que foi condenada ao ostracismo tras a Guerra Civil e a chegada da ditadura.

Ambas, que deixaron moi atrás xa a súa infancia e mundo que lles abriu esta profesora, foron as dúas únicas alumnas que le escribiron cartas contándolle o que foi das súas vidas.

A través desta correspondencia, os espectadores que encheron o Teatro Principal fueron descubrindo como as decisións que tomamos marcan os nosos destinos.

"As alumnas", basada nun texto de Paula Carballeira e dirixida por Fina Calleja, é en definitiva un espectáculo sobre a xustiza social, a memoria histórica e sobre as mulleres como María Barbeito, que loitaron pola educación e a igualdade en Galicia.