Pontevedra, primera parada da xira española dun Eli 'Paperboy' Reed renovado e máis pop

Pontevedra
14 de maio 2014

Catro anos despois do seu Come and get it, o disco que o confirmou como un dos máis enérxicos rexeneradores do soul americano, Eli Paperboy Reed (Boston, 1983) decidiu dar un paso máis na súa carreira. Chega a Pontevedra cun son máis moderno, fresco e próximo á música pop. ÿ a proposta que o artista estadounidense presenta en Nights like this, o seu cuarto traballo de estudo, editado hai unhas semanas

Eli 'Paperboy' Reed, nunha das súas imaxes promocionais do seu novo disco Ray Lego / WB Records

Catro anos despois do seu Come and get it, o disco que o confirmou como un dos máis enérxicos rexeneradores do soul americano, Eli Paperboy Reed (Boston, 1983) decidiu dar un paso máis na súa carreira. Chega a Pontevedra cun son máis moderno, fresco e próximo á música pop. ÿ a proposta que o artista estadounidense presenta en Nights like this, o seu cuarto traballo de estudo, editado hai unhas semanas.

Trátase dun disco no que conserva o seu estilo e a súa identidade pero, como el mesmo recoñece, quería facer algo diferente aos seus dous álbums anteriores. Tras cinco anos sen parar, Eli Paperboy Reed decidiu tomarse un descanso e buscar novos sons. "Tiña que facelo ou pola contra ía acabar facendo o mesmo disco durante 20 anos máis", afirmou nunha recente entrevista na edición estadounidense da revista Rolling Stone.

"Sentín que era hora de afastarme do estilo que marcara e facer algo novo e máis excitante", afirma o artista afincado en Brooklyn. E con Nights like this conseguiuno, sen dúbida. Producido xunto ao seu colaborador habitual e guitarrista na súa banda, Ryan Spraker, o disco representa unha evolución na música de Reed, que vai máis alá das súas raíces soul e aproveita o seu gusto polo R&B clásico para mesturalo coa efervescencia do pop moderno.

"Adoro o soul e o R&B, pero no que se refire á música que compoño eu sentía que necesitaba dar un paso noutra dirección"

Reed, cuxo nome real é Eli Husock, explica que "adoro a música soul, o R&B, o góspel... crecín con esa música e se que eses estilos van e veñen". Recorda que empezou a cantar ese tipo de cancións con 18 anos "e aínda que me encantan, no que se refire á música que compoño eu sentía que necesitaba dar un paso noutra dirección". De aí que non dubide en sinalar que "me encanta este disco e estou orgulloso del".

Así queda claro en Shock to the system, a primeira canción que gravou deste cuarto traballo, así como en temas tan festivos como Grown up, Nights like this ou WhooHoo. Todas elas soarán en Pontevedra, debullando un disco que o propio cantante asegura que é o máis característico dos que editou ata a data, "porque por primeira vez non intento soar como outros, saíu o que sentía que tiña que facer".

E por iso está tan ansioso de poder presentalo ante o seu público. "Se que algúns dos meus antigos fans poden sorprenderse un pouco, pero sinto que é o momento de cambiar", sinala Eli Paperboy Reed. "Espero que se afagan e lles guste este novo son. Non podo facer discos só para algunhas persoas, teño que facelos para todos". E de principio a fin, Nights like this é simplemente iso. Un disco para gozar.

Inmerso nunha ampla xira europea, o Pazo da Cultura (mércores 14, 20.15 horas) será o primeiro concerto de Eli Paperboy Reed en España co novo disco baixo o brazo. Logo virán Barcelona, Zaragoza e Madrid. A súa actuación enmárcase dentro do ciclo Imperdibles, que xa trouxo á cidade a artistas como Ana Moura, Fanfarlo, Lilies On Mars, Vetusta Morla e Zoé.