Por primavera o Conservatorio toma as rúas

Pontevedra
23 de abril 2015

Converteuse nunha cita consolidada no calendario cultural pontevedrés. Como cada primavera dende hai tres anos, o Conservatorio Profesional de Música (CMUS) Manuel Quiroga saca os instrumentos á rúa ofrecendo unha serie de catro concertos ao aire libre en distintos enclaves de Pontevedra

Concerto na rúa Juan Mejuto

Converteuse nunha cita consolidada no calendario cultural pontevedrés. Como cada primavera dende hai tres anos, o Conservatorio Profesional de Música (CMUS) Manuel Quiroga saca os instrumentos á rúa ofrecendo unha serie de catro concertos ao aire libre en distintos enclaves de Pontevedra.

O director do Conservatorio, Luis Costa, e a concelleira de Cultura de Pontevedra, Anxos Riveiro, explicaron 'O Conservatorio na rúa' é unha iniciativa que busca abrir e aproximar esta institución á cidade seguindo a senda de actividades iniciadas no 2013 con motivo do 150 aniversario deste centro educativo.

Será este venres, día 24, na Praza do Teucro, a partir das 20 horas, actuará o Ensemble de frautas, baixo a batuta de Iago Lariño, e o segundo coro do Conservatorio, dirixido por Nanette Sánchez.

O 14 de maio, tamén ás 20 horas, no claustro da Facultade de Belas Artes, terá lugar o concerto de orquestras do CMUS Manuel Quiroga, do seu segundo coro e da tamén coral infantil Luis García Limeses, cos directores Fran Mora, Reyes Carballo, Sergio Heredia e Nanette Sánchez.

Por outra parte, o Conservatorio tamén celebra os días 22, 23 e 24 de abril, no auditorio do centro, os concertos didácticos Peer Gynt para alumnos de educación infantil e primaria.