PortAmérica desvela todos os horarios para a súa edición de 2026

Umia
15 de maio 2026

Durante tres días, PortAmérica reunirá sobre os seus escenarios a algunhas das figuras máis destacadas do panorama nacional e internacional. Será os días 9, 10 e 11 de xullo

Segunda xornada do PortAmérica 2025
Segunda xornada do PortAmérica 2025 / Cristina Saiz

Preparade as vosas axendas. O festival PortAmérica desvelou este venres todos os horarios dos concertos que formarán parte da súa décimo cuarta edición, que se celebrará na Azucreira de Portas os días 9, 10 e 11 de xullo.

Será unha programación que volverá pór o acento na diversidade artística, a mestizaxe cultural e o diálogo entre as escenas musicais de ambos os lados do Atlántico.

Así, durante tres días, PortAmérica reunirá sobre os seus escenarios a algunhas das figuras máis destacadas do panorama nacional e internacional.

Polos seus escenarios pasarán desde Rigoberta Bandini, Hombrees G, Dani Martín e Amaia até Eliades Ochoa, Xoel López, M-Clan, Meridian Brothers, Orkesta Mendoza ou Grande Amore.

A eles sumarase o talento galego de artistas como Fillas de Cassandra, The Rapants, Eladio y los Seres Queridos, Grande Amore, Amoebo ou Candela Liste.

O cartel completarase con propostas emerxentes e consolidadas como Hey Kid, Marina Reche, Niña Polaca, Repion, Sexy Zebras, Noelia Franco e moitos outros.

A distribución diaria de artistas polos distintos escenarios será a seguinte:

 

XOVES 9 DE XULLO

18:30 horas: Amoebo

19:15 horas: Hey Kid

20:30 horas: Marina Reche

21:45 horas: Fillas de Cassandra

22:45 horas: Rigoberta Bandini

00:00 horas: The Rapants

01:00 horas: Niña Polaca

 

VENRES 10 DE XULLO

17:00 horas: Candela Liste

17:30 horas: Alejo

18:15 horas: Eladio y los Seres Queridos

19:15 horas: Repion

20:30 horas: Eliades Ochoa

22:00 horas: M-Clan

23:00 horas: Hombres G

00:30 horas: Sexy Zebras

01:30 horas: Grande Amore

 

SÁBADO 11 DE XULLO

17:15 horas: Noelia Franco

18:30 horas: Orkesta Mendoza

19:15 horas: Meridian Brothers

20:30 horas: Xoel López

21:45 horas: Amaia

23:00 horas: Dani Martín

00:30 horas: Instituto Mexicano del Sonido

01:30 horas: Sanguijuelas del Guadiana

02:30 horas: Nortec: Bostich + Fussible

 

Ademais, o Escenario Azucreira volverá converterse nun dos espazos máis singulares de PortAmérica, cunha programación que combina inclusión e propostas de DJ. Alí, os horarios serán os seguintes:

 

XOVES 9 DE XULLO

19:00 horas: Premio PortAmérica Vigo Porté 2026

21:00 a 04:00 horas: La Duendeneta

 

VENRES 10 DE XULLO

19:00 horas: Grupo de Baile Latino Sénior UNED Pontevedra

19:30 horas: A Maxia da Cor - Down Vigo

21:30 a 04:30 horas: Señora DJ + La Duendeneta

 

SÁBADO 11 DE XULLO

19:00 horas: Grupo de Baile Latino Sénior UNED Pontevedra

21:30 a 04:00 horas: Oski + La Duendeneta