Preparade as vosas axendas. O festival PortAmérica desvelou este venres todos os horarios dos concertos que formarán parte da súa décimo cuarta edición, que se celebrará na Azucreira de Portas os días 9, 10 e 11 de xullo.
Será unha programación que volverá pór o acento na diversidade artística, a mestizaxe cultural e o diálogo entre as escenas musicais de ambos os lados do Atlántico.
Así, durante tres días, PortAmérica reunirá sobre os seus escenarios a algunhas das figuras máis destacadas do panorama nacional e internacional.
Polos seus escenarios pasarán desde Rigoberta Bandini, Hombrees G, Dani Martín e Amaia até Eliades Ochoa, Xoel López, M-Clan, Meridian Brothers, Orkesta Mendoza ou Grande Amore.
A eles sumarase o talento galego de artistas como Fillas de Cassandra, The Rapants, Eladio y los Seres Queridos, Grande Amore, Amoebo ou Candela Liste.
O cartel completarase con propostas emerxentes e consolidadas como Hey Kid, Marina Reche, Niña Polaca, Repion, Sexy Zebras, Noelia Franco e moitos outros.
A distribución diaria de artistas polos distintos escenarios será a seguinte:
XOVES 9 DE XULLO
18:30 horas: Amoebo
19:15 horas: Hey Kid
20:30 horas: Marina Reche
21:45 horas: Fillas de Cassandra
22:45 horas: Rigoberta Bandini
00:00 horas: The Rapants
01:00 horas: Niña Polaca
VENRES 10 DE XULLO
17:00 horas: Candela Liste
17:30 horas: Alejo
18:15 horas: Eladio y los Seres Queridos
19:15 horas: Repion
20:30 horas: Eliades Ochoa
22:00 horas: M-Clan
23:00 horas: Hombres G
00:30 horas: Sexy Zebras
01:30 horas: Grande Amore
SÁBADO 11 DE XULLO
17:15 horas: Noelia Franco
18:30 horas: Orkesta Mendoza
19:15 horas: Meridian Brothers
20:30 horas: Xoel López
21:45 horas: Amaia
23:00 horas: Dani Martín
00:30 horas: Instituto Mexicano del Sonido
01:30 horas: Sanguijuelas del Guadiana
02:30 horas: Nortec: Bostich + Fussible
Ademais, o Escenario Azucreira volverá converterse nun dos espazos máis singulares de PortAmérica, cunha programación que combina inclusión e propostas de DJ. Alí, os horarios serán os seguintes:
XOVES 9 DE XULLO
19:00 horas: Premio PortAmérica Vigo Porté 2026
21:00 a 04:00 horas: La Duendeneta
VENRES 10 DE XULLO
19:00 horas: Grupo de Baile Latino Sénior UNED Pontevedra
19:30 horas: A Maxia da Cor - Down Vigo
21:30 a 04:30 horas: Señora DJ + La Duendeneta
SÁBADO 11 DE XULLO
19:00 horas: Grupo de Baile Latino Sénior UNED Pontevedra
21:30 a 04:00 horas: Oski + La Duendeneta