A Praza da Ferraría e o Paseo de Antonio Odriozola, epicentro do folclore tradicional galego

Pontevedra
13 de xullo 2025

As celebracións iniciáronse este venres, pero foi este sábado cando se viviron os momentos centrais do evento, coa homenaxe a Erminda Miramontes, cantareira e pandeireteira nada en Grixoa

Memorial Ricardo Portela 2025

A contorna da Praza da Ferraría e o Paseo de Antonio Odriozola son desde este venres epicentro da xa tradicional homenaxe de Pontevedra ao folclore galego que se celebra cada verán co Memorial Ricardo Portela.

O Memorial celebra este 2025 a súa vixesimosexta edición, organizado polo Concello de Pontevedra e a Asociación de Gaiteiros e Gaiteiras Galegas (AGG). 

As celebracións iniciáronse este venres, pero foi este sábado cando se viviron os momentos centrais do evento, coa homenaxe a Erminda Miramontes, cantareira e pandeireteira nada en Grixoa realizada pola noite na Praza da Ferraría.

A tradicional cita inclúe actuacións musicais, pasarúas e a XXIII Mostra de Artesáns de Instrumentos Tradicionais

Esta última puido visitarse este sábado en horario de mañá e tarde no Paseo de Antonio Odriozola e continuará este domingo, de 11.30 a 14.00 e de 17.30 a 21.30 horas.

Este sábado Pontevedra rendeu homenaxe á música tradicional en todas as súas rúas e prazas, con pasarrúas e actuacións de Ansuíña, As Fabulosas da Baña, Erdeiros dos Morenos de Lavadores e Tribo en horario de mañá e tarde. 

O colofón á xornada foi, xa pola noite, despois da homenaxe, o concerto de Mediarea na Praza da Ferraría.

Este domingo, haberá pola mañá actuacións de Gaiteiras do Berce, Gaiteiros do Ulla, Lobeira e Os Mecos de Ogrobe polas prazas e rúas da cidade e, pola tarde, pasarrúas dos mesmos grupos. 

O Memorial rematará ás 21 horas terá lugar na Praza da Ferraría co concerto de Cantometrics.