A creatividade xuvenil ben merece unha celebración ao grande.
O salón de actos do Pazo da Cultura acolleu este sábado a gala de entrega de premios do certame Ben Veñas, Maio 2026, organizado polo Concello de Pontevedra en conlaboración cos equipos de normalización e dinamización lingüística dos centros de ensino secundario da cidade.
O evento estivo presentado por Alicia Rivera e Elaia, alumnas de 4º de ESO do IES A Xunqueira 2, e contou coas actuacións de dúas propostas seleccionadas na I Mostra Musical Ben Veñas, Maio: o solista Charly (Carlos Blanco), do IES Sánchez Cantón, e o dúo Meigas, formado por Sara Martínez Filgueira e Julia Falcón Félix, do IES A Xunqueira 2.
Non faltou a entrega de premios, cunha recompensa para os gañadores en formato de vale de compra para libros nos certames de poesía e relato curto, libros e material de papelería para o concurso de banda deseñada, fotografía e os participantes da I Mostra Musical.
Os galardóns foron entregados polo concelleiro de Normalización Lingüística, Demetrio Gómez Xunqueira, así como por representantes dos equipos de normalización lingüística (ENDL) dos centros participantes: Xoán Xosé Pérez Viéitez (IES A Xunqueira 1), Lucía Novas Garrido (IES Torrente Ballester) e Manuel Xiráldez Leal (IES A Xunqueira 2).
Esta é a relación de premiados do certame Ben Veñas, Maio 2026:
XXV Certame de Fotografía Ben Veñas, Maio
- Primeiro premio: Daniela Santos Costa, do IES A Xunqueira 1 (1º bacharelato)
XXXIII Certame de Banda deseñada Ben Veñas, Maio
- Categoría A (até 14 anos). Primeiro premio: Lucía Crespo Teijeiro, do IES Sánchez Cantón (3º dá ESO), por 'Soños'
- Categoría B (a partir de 15 anos). Primeiro premio: Sabela Sánchez Ortiz, do IES A Xunqueira 1 (bacharelato), por 'A biblioteca'. Segundo premio: Miguel Ángel Uribe, do IES A Xunqueira 1 (1º de bacharelato).
XXXIII Certame de narración curta
- Categoría A. Primeiro premio: Santiago Fernández López, do IES Torrente Ballester (2º ESO), por 'Destecendo vellos mitos'. Segundo premio: Hugo Mirón Ares, do IES Sánchez Cantón (2º ESO), por 'No momento no que virou'.
- Categoría B. Primeiro premio: Alicia Rivera Bonilla, do IES A Xunqueira 2 (4º ESO), por 'O porco para o san Martiño'. Segundo premio: Noa Pousada Martínez, do IES A Xunqueira 1 (1º bacharelato), por 'Maruxa' e Bruno López Piñeiro, do IES A Xunqueira 2 (4º ESO), por 'Son parvo'
XXV Certame de poesía
- Categoría A. Primeiro premio: Sofía Estévez Vázquez, do IES Torrente Ballester (1º ESO).
- Categoría B. Primeiro premio: Cecilia Casal García, do IES Sánchez Cantón (4ª ESO), polo poema 'As fillas do naufraxio'. Segundo premio: Xiao Fernández López, do IES Sánchez Cantón (3º ESO), por 'Soneto do mal amador' e Bruno López Piñeiro, do IES A Xunqueira 2 (4º ESO), por 'Miña filla'
I Mostra Musical Ben Veñas Maio: Carlos Blanco Rodríguez, do IES Sánchez Cantón e As Meigas, formado por Sara Martínez Filgueira e Julia Falcón Félix, do IES A Xunqueira 2.